Iogures ecolóxicos para atoparlle un fogar aos cans abandonados na pandemia

Casa Grande de Xanceda incluirá a imaxe de oito cans nos seus envases para procurarlles unha familia a estes animais abandonados.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/09/2021 | Actualizada ás 22:15

Comparte esta noticia

A granxa coruñesa Casa Grande de Xanceda volve á carga coa cuarta edición de “Adóptame, Iogures pola adopción”, unha iniciativa pretende buscar un fogar a oito cans abandonados pertencentes a catro protectoras. Dende a empresa apuntan que a edición pasada a boa acollida da campaña permitiu que todos os cans atopasen unha familia. 

Un dos cans protagonistas da campaña da Casa Grande de Xanceda
Un dos cans protagonistas da campaña da Casa Grande de Xanceda

Nesta nova edición e durante un mes e medio, oito cans serán os protagonistas no paquete de máis de 300.000 iogures ecolóxicos. “Desta maneira, deixarán de ser invisibles e coaranse en miles de fogares, buscando unha oportunidade. Son de distinto tamaños, idade e carácter pero, grazas ao bo facer das protectoras nas que se atopan, están listos para experimentar unha vida en familia”, destacan dende a plataforma.  

A granxa coruñesa destaca, asemade, que esta iniciativa vén motivada pola incidencia do abandono de mascotas no marco do estado español. “España figura todos os anos nos primeiros postos de abandono de animais na UE. En 2020 abandonáronse 286.000 gatos e cans, segundo datos da Fundación Affinity. Esta é unha situación contra a que loitan asociacións e protectoras pero que se repite ano tras ano. Por primeira vez nos últimos anos, os factores económicos colócanse á cabeza dos motivos declarados de abandono. En 2019, representaban o quinto factor. Estas cifras sinalan o impacto que a crise do covid-19 tivo nas economías familiares”, engaden.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta