Falecen tres persoas que foran previamente diagnosticadas con COVID

Conforme sinalaron as autoridades sanitarias galegas, todos eles tiñan patoloxías previas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/09/2021 | Actualizada ás 20:33

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade informou este xoves do falecemento doutras tres persoas, dúas mulleres e un home, unhas mortes que elevan o total de vítimas mortais con covid en Galicia a 2.577.

Segundo informou o departamento autonómico, trátase dunha muller de 68 anos que faleceu no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC) e doutra de 90 que faleceu no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI).

Ademais, perdeu a vida un home de 84 anos no Hospital de Povisa.

Conforme sinalaron as autoridades sanitarias galegas, todos eles tiñan patoloxías previas.

Paciente hospitalizado por COVID-19
Paciente hospitalizado por COVID-19 | Fonte: EP - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta