Os trens turísticos de Galicia baten récords cunha ocupación do 98%

É o mellor dato dende que comezou hai oito edicións, segundo a Xunta.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/09/2021 | Actualizada ás 17:45

Comparte esta noticia

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, destacou este sábado o "éxito" da iniciativa dos trens turísticos, que neste 2021 rexistra ata agora un 98 por cento de ocupación, "o mellor" dato do seu oito edicións.

Así o asegurou durante unha visita realizada á adega do Pazo de Baión en compañía do delegado da Xunta en Pontevedra, Luís López. Desde alí, Castro manifestou a súa "satisfacción" por consolidar este programa como un dos produtos turísticos máis importantes do verán en Galicia.

Neste 2021, os trens turísticos comezaron a funcionar o 26 de xuño e terminarán o 9 de outubro con 11 programas distintos que ofertan un total de 1.525 prazas. A Xunta destaca que a actual edición mantén os prezos de 2019: 45 euros o billete para adultos e 20 para nenos, cun 15 por cento de desconto para grupos de 10 ou máis persoas.

Ademais, o programa oferta achegamentos gratuítos ás estacións de orixe desde as principais cidades de Galicia ao comezo da ruta, que ata agora utilizaron 540 persoas.

Trens Turísticos de Galicia
Trens Turísticos de Galicia | Fonte: Xunta.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta