Conde insiste na colaboración da Xunta con empresas privadas para lanzar o Polo Aeroespacial de Galicia

Asegura que permitirá crear emprego cualificado.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/09/2021 | Actualizada ás 14:51

Comparte esta noticia

O vicepresidente segundo da Xunta, Francisco Conde, afirmou que a colaboración co Instituto Nacional de Técnica Aeropespacial (Inta) no Polo Aeroespacial de Galicia permitirá crear emprego cualificado e consolidar o tecido industrial.

Precisamente, resaltou que esta colaboración permite que o Polo Aeroespacial de Galicia dispoña do Centro de Investigación Aeroportada de Rozas (CIAR), onde este mércores se presentou o proxecto de maior tamaño impulsado pola industria de defensa e civil española, a aeronave 'Milano'.

Neste sentido, valorou o equipamento de vangarda do CIAR, que lembrou que se deseñou para experimentos con vehículos aéreos non tripulados. Así, apuntou que esta contorna conta con capacidade para atraer investimento ao novo parque tecnolóxico e industrial.

Así mesmo, o vicepresidente económico puxo o foco na importancia de afianzar a colaboración público-privada para consolidar o polo e insistiu no papel que deben supor os fondos europeos Next Generation para o proxecto.

Tamén confiou en que se materalicen as "boas sensacións" percibidas coas 10 propostas presentadas á convocatoria da Xunta para ser socios industriais da iniciativa durante o próximos cinco anos.

De cara ao futuro, Conde explicou que se traballa para continuar a contratación de empresas que leven a cabo proxectos de I+D, así como as iniciativas desenvolvidas. Deste xeito, resaltou que se aspira a que eses proxectos xeren emprego e a avanzar nesa iniciativa.

O secretario xeral de Asime, Enrique Mallón, e o vicepresidente segundo da Xunta, Francisco Conde, atenden aos medios tras a asemblea xeral do Consorcio Aeronáutico Galego
O secretario xeral de Asime, Enrique Mallón, e o vicepresidente segundo da Xunta, Francisco Conde, atenden aos medios tras a asemblea xeral do Consorcio Aeronáutico Galego

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta