Polémica en redes por unha responsable local de Ferrol que afirmou que o asturiano é de xente "sen estudos"

O presidente do Principado respondeu a mensaxe e o alcalde ferrolán pediu desculpas.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 01/10/2021 | Actualizada ás 18:24

Comparte esta noticia

Unha mensaxe publicada en Twitter pola xerente da Sociedade Mixta de Turismo do Concello de Ferrol, María Luisa López, no que afirmaba que o asturiano é un idioma que "só se escoita en aldeas" e que fala "xente maior sen estudos" provocou unha polémica nas redes sociais na que entrou o presidente asturiano, Adrián Barbón, que replicou ao tuit demandando "respecto".

O chío de María Luisa López
O chío de María Luisa López | Fonte: Twitter.

En concreto, a responsable da empresa municipal de turismo do consistorio ferrolán publicou a seguinte mensaxe: "Soy asturiana y he vivido en Asturias hasta los 25 años. Nunca he hablado (ni entendido) 'el bable' ni conozco a nadie que lo hable. Sólo se escucha en aldeas y, de siempre, lo habla gente mayor y sin estudios. Lo de ahora es tema político para vivir del cuento y enriquecerse unos pocos".

A mensaxe foi respondida máis tarde o presidente do Principado de Asturias, que noutro tuit esixía "respecto": "Entre esos “mayores y sin estudios”, estaban mis güelos. Y yo tengo estudios y soy Presidente del Principado de Asturias, gracias a mis cuatro güelos que hablaban asturiano, trabajaron toda su vida y lucharon porque sus hijos y nietos tuvieran una vida mejor. Le exijo respeto".

Pola súa banda, o alcalde de Ferrol, Ángel Mato, lamentou o tuit publicado na conta persoal da responsable municipal, xa que o considera "unha total falta de respecto".

Deste xeito, e tras incidir en que a liberdade de expresión "non é escusa coa que xustificar a desconsideración e a ofensa gratuíta" e apelar á responsabilidade de quen ostenta un cargo público, o rexedor socialista emitiu unha desculpa en nome do Concello e comprometeuse a remitir unha de carácter oficial ao presidente asturiano.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta