Caballero reivindica o seu proxecto "de esquerdas" fronte a outro de "máis pasteleo con Feijóo"

O candidato a revalidar a Secretaría Xeral advirte: "quen leva o socialismo dentro sempre estará orgulloso de ser socialista".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/10/2021 | Actualizada ás 14:29

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, destacou o seu proxecto "de esquerdas" nunhas primarias nas que optará a revalidar o cargo fronte a un modelo "máis conservador", que implica "baronías" e "máis pasteleo" co presidente da Xunta, o popular Alberto Núñez Feijóo.

Así o aseverou en declaracións aos medios antes de arrincar un encontro con decenas de militantes en Santiago de Compostela, no marco dun proceso no que se enfrontará pola Secretaría Xeral ao presidente da Deputación da Coruña e líder socialista provincial, Valentín González Formoso.

Caballero prometeu "un PSdeG feminista, ecoloxista, galeguista e federalista", á vez que reivindicou que hai catro gaños gañou unhas primarias "contra todas as estruturas de poder, contra as baronías", un mecanismo "arcaico que existe na política do século XXI".

Fronte a isto, asegurou que el representa "un PSdeG dinámico, con cambio, con ética, con posibilidade de traballar por Galicia e, ademais, sempre orgulloso de ser socialista". "Non teño que recuperar o orgullo de ser socialista porque nunca o perdín e nunca o perderei", dixo, dous días despois de que Formoso lanzase a súa candidatura apelando a "recuperar o orgullo de ser socialistas en Galicia".

Neste contexto, referiuse a "referentes" que "tiveron o orgullo de ser socialistas" nun pasado no que "había que loitar pola democracia, polos dereitos das mulleres, polos dereitos dos traballadores e en contra dunha ditadura".

UN PSDEG "NO PROGRESISMO"

Ademais, Caballero garantiu que o seu proxecto "está situado na esquerda, no progresismo", sen "pasteleos" nin "conivencia" co PP nin con Feijóo. "Hai que facer unha alternativa desde a esquerda para confrontar coa dereita", dixo, para seguidamente marcar o reto de "sacar" aos populares da Xunta e "defender os gobernos municipais".

En definitiva, Gonzalo Caballero presentouse como un "militante desde hai máis de 25 anos" e "moi orgulloso de ser socialista". "Quen leva o socialismo dentro sempre estará orgulloso de ser socialista", advertiu.

Neste encontro coa militancia, estiveron presentes o presidente do PSdeG, o senador Xoaquín Fernández Leiceaga; pola primeira tenente de alcalde de Santiago, Mercedes Rosón; e os deputados autonómicos Noa Díaz e Mariña Ortega, entre outros.

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, nun encontro con militantes en Santiago de Compostela.. PSDEG
O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, nun encontro con militantes en Santiago de Compostela.. PSDEG | Fonte: Europa Press

SÁNCHEZ "CUMPRE" CO AVE

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, destacou que os socialistas "cumpren cos seus compromisos con Galicia" despois de que o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, confirmase este venres que o AVE estará en funcionamento en Galicia para decembro.

Neste contexto, diferenciou esta xestión da do Executivo de Mariano Rajoy, que "recortou" os investimentos na alta velocidade "durante a etapa de Ana Pastor" no Ministerio de Fomento. "Non fixeron máis que tentar obstruir e dificultar", asegurou."Non houbo un atraso na tarefa do Goberno de España na chegada do AVE a Galicia", recalcou, en declaracións aos medios.

Este "cumprimento" do PSOE trasladouno tamén á "histórica" redución das peaxes da AP-9. Neste sentido, Gonzalo Caballero lembrou que na súa primeira reunión cun membro do Executivo foi co exministro de Transportes, José Luís Ábalos, a quen pediu "que apostase por unha rebaixa histórica dunhas peaxes que supuñan un enorme custo para os galegos".

Ademais, lembrou que a Unión Europea ve ilegal a prórroga da concesión da Autoestrada do Atlántico a Audasa ata 2048, que foi aprobada polo Goberno de José María Aznar no ano 2000.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Outro que se apunta o tanto da AP9 cando a día de hoxe aínda non eliminaron a peaxe ridícula de Redondela-Vigo dicindo cousas tan alucinantes como que "colpasaría a autoestra recén ampliada" (aos mentirosos debera medrarlle o nariz) // Se falamos de pasteleo co PP igual deberan explicarlle á xente quenes foron e son os Colonos de Toralla ? https://twitter.com/00Gamela/status...