Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/10/2021 | Actualizada ás 13:36
A secretaria xeral de Unidas Podemos e Ministra de Dereitos Sociais e Axenda 2030, Ione Belarra, recoñeceu que a ampliación dos permisos de maternidade e paternidade ata o seis meses "quedou sobre a mesa" no acordo orzamentario. "Nunha negociación todo o mundo cede un pouco e esta é unha cuestión da que nos é difícil convencer ao PSOE", explicou Belarra nunha entrevista na RNE recollida por Europa Press.
A dirixente de Unidas Podemos mostrouse, no entanto, convencida de que a ampliación de permisos por nacemento de fillo vai xerar cada vez "un consenso máis maioritario". "É unha demanda que vai ir crecendo co paso dos anos", indicou Belarra quen lembrou que a pandemia puxo de manifesto que "a conciliación en España non existe".
"Avanzar en mellores mecanismos de conciliación con extensión ao seis meses de permiso, cunha prestación por crianza que o poña máis fácil ás familias, son medidas que co paso de tempo iranse abrindo paso aínda que nesta ocasión non puidésemos", indicou Belarra.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.