Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/10/2021 | Actualizada ás 20:45
O Debate do Estado de Autonomía, que acollerá o Parlamento Galego ata o venres, deixou algúns momentos afastados da orde do día que, porén, están a ser os máis comentados no día despois da xornada forte da cita. Entre eles destacou o pequeno tirapuxa que o presidente da Xunta de Galicia, Núñez Feijóo, e a voceira nacional do BNG, Ana Pontón, mantiveron a respecto do topónimo da comunidade: Galicia ou Galiza?
Un dos fragmentos máis reiterados foi a chamada de atención de Núñez Feijóo á líder da fronte a raíz do seu emprego da forma "Galiza" en puntos anteriores do debate.
#DEAGalicia21 Feijóo afea a Pontón y el BNG que empleen la denominación 'Galiza' y les recuerda que el independentismo "está prohibido" en algunos países pic.twitter.com/LPwNj3z2qS
— Europa Press Galicia (@EPGalicia) October 13, 2021
A partir de aí, renaceu un vello --e inmorreidoiro-- debate paralelo que xa dera que falar hai máis de dez anos, no tramo final do goberno bipartito. Os lingüístas e historiadores concluíron entón que ambas formas eran correctas --están, de feito, aceptadas-- e que a escolla dunha ou outra obedecía, unicamente, a cuestións políticas e ideolóxicas.
O fastío vencellado a esta cuestión que, como un cometa, volve cruzar a órbita da política galega cada certo tempo, quedou patente nos principais comentarios en redes sociais, lanzados tanto por usuarios anónimos como por parlamentarios e xornalistas. Se ben tamén houbo quen decidiu mergullarse na vella polémica e empregar as súas mellores armas para defender unha outra fórmula das dúas a escoller.
Galiza vs Galicia. O debate... 🤦♀️🤦♀️
— Maria G. Albert (@mariagalbert) October 13, 2021
Galiza ou Galicia Un tipiño que non sabe colocar ben os pronomes pretendendo impartir aulas de galego. Aconteceu hoxe no Parlamento. #DebateDaNación.
— The Arruti Column🛰️🇪🇺 (@ArrutiColumn) October 13, 2021
O debate sobre o estatus de Galicia como nación nun momento en que se vai debatir o encaixe de Cataluña a min paréceme relevante, máis alá do termo Galicia/Galiza, que iso si é cansino. :)
— Daniel Domínguez (@alikense) October 13, 2021
Sobre o adxectivo "nacional", mimá se volvemos ao Diario de Sesións dos anos 80. Ou, que sei eu, da sesión de investidura de 1990.
— David Lombao (@DavidLombao) October 13, 2021
O presidente da Xunta ignora que Galiza se dizia Galiza muito antes de se dizer Galicia. Mágoa.
— Xosé Mexuto (@xosemexuto) October 13, 2021
Pues eso: Que Galiza es un arcaísmo propio del medievo y que no es la toponimia oficial y, por lo tanto, quien dice defender tal toponimia oficial debe abstenerse de emplear “Galiza”. O dejar de dar el coñazo porque un mesetario diga “La Toja”. Bien aportado, don José Manuel 👌
— Oscar Poy Franco (@OPoyF) October 13, 2021
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.