Sanidade incorpora Cataluña e Euskadi ao rexistro de viaxeiros a pesar do avance da vacinación

Súmanse así a Aragón, Baleares, Cantabria e Melilla.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/10/2021 | Actualizada ás 12:18

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade incorporou a Cataluña e País Vasco o rexistro obrigatorio de viaxeiros que teñen que comunicar a súa chegada a Galicia nun prazo máximo de 24 horas debido á normativa pola Covid-19. Estes territorios súmanse a Aragón, Baleares, Cantabria e Melilla a esta listaxe que actualiza con carácter quincenal o Diario Oficial de Galicia (DOG).

Ademais, segundo publica o DOG este martes, Sanidade mantén na listaxe de territorios de declaración obrigatoria a todos os países europeos excepto a Malta, Liechtenstein e Vaticano, dos que cales unicamente se mantén o primeiro nas excepcións desde hai 15 días --cando tamén estaban excluídos Hungría, Mónaco, Polonia e República Checa--.

Tamén se inclúe a todos os países do continente africano e a todos os territorios de América excepto Arxentina, Colombia, Illas Falkland, Uruguai e Perú. Sanidade establece a obrigatoriedade de comunicar a procedencia aos cidadáns que cheguen de todos os países e territorios de Asia excepto China, Xapón, Kuwait, Qatar, Arabia Saudita, Quirguicistán, Emiratos Árabes, Usbequistán e Taiwan.

E, ademais, de todos os países e territorios de Oceanía excepto Illas Marshall, Micronesia, Nova Zelandia, Illas Mariana do Norte, Palau, Papúa e Nova Guinea, Wallis e Futuna, Samoa, Illas Salomón e Vanuatu.

Os viaxeiros que estivesen nalgún dos lugares da listaxe nos 14 días anteriores deben comunicar, nun prazo máximo de 24 horas, os seus datos de contacto e estancia en Galicia a través da web https://coronavirus.sergas.gal/viaxeiros ou do teléfono 881 00 20 21.

A Xunta lembra que esta resolución, que entrará en vigor este mércores 20 de outubro, será obxecto de actualización nun prazo máximo de 15 días naturais.

Turistas fan cola ante unha oficina de información turística. Carlos Castro - Europa Press
Turistas fan cola ante unha oficina de información turística. Carlos Castro - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta