Por E.P. | | 19/10/2021 | Actualizada ás 18:20
O paso por Galicia da xira do último traballo de Robe Iniesta móvese da Coruña a Santiago para poder celebrar o concerto "de pé e bailando como putos tolos".
O cambio na axenda da xira de 'Mayéutica' foi anunciado este martes polo propio músico estremeño na súa páxina web. Deste xeito, Robe visitará a capital galega o próximo 31 de outubro nun concerto que terá lugar no Multiusos Fontes do Sar.
"A pesar de que a Xunta de Galicia xa permite aforamento de pé e servizo de hostalaría nos eventos culturais, no Coliseum da Coruña infórmannos de que non se van permitir eventos neste formato ata 2022", sinala Robe nun comunicado.
O líder de Extremoduro, banda que tiña previsto visitar a capital galega na súa xira de reencontro prevista inicialmente para o ano 2020 e que foi finalmente cancelada, incide en que o público poderá vivir o concerto "nas mellores condicións posibles neste momento; de pé e bailando como putos tolos".
Así as cousas, a cita será o vindeiro domingo 31 de outubro, véspera do festivo de Todos os Santos. As entradas poranse á venda na web 'robe.es' a partir das 12,00 horas deste mércores 20 de outubro.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.