Por E.P. | Santiago de Compostela | 22/10/2021 | Actualizada ás 14:11
A Consellería de Política Social reivindicou o "paso histórico" que dá a Xunta, "da man da Fegamp", na mellora do financiamento do servizo de axuda no fogar, xa que a administración autonómica pasará de achegar 9,7 a 11 euros a hora, con carácter retroactivo a partir do 1 de xaneiro de 2021.
Esta contía será a que destine a Xunta aos concellos tamén durante todo o exercicio de 2022, mentres que en 2023 o compromiso é que o Goberno galego achegar 11,5 euros a hora, para chegar aos 12 en 2024.
Así o establece o convenio que asinaron este venres a conselleira, Fabiola García, e o presidente da federación galega de municipios e provincias, Alberto Varela.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.