Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 24/10/2021 | Actualizada ás 20:33
O grupo municipal do BNG trasladou ao Pleno unha moción para que o Concello de Santiago se adhira á iniciativa Xabarín do Parlamento de Galicia. Segundo lembraron nun comunicado, en maio de 2021 o Parlamento galego aprobou por unanimidade a Iniciativa Popular Xabarín, impulsada pola Mesa pola Normalización Lingüística e avalada por máis de 33.000 firmas. Nela establecíanse medidas para corrixir a situación de falta de contidos en lingua galega nas canles de televisión.
Así, aprobouse que a nova Lei Xeral do Audiovisual recoñeza a pluralidade lingüística como principio básico, igualando contidos e porcentaxes mínimas en galego e castelán na dobraxe, así como no financiamento anticipado de producións audiovisuais nas canles e plataformas de televisión lineais ou baixo demanda. Esta proposta reclama tamén da Corporación de Radio Televisión Española que emita todos os seus contidos con opción dobrada ao galego, sobre todo na programación da canle específica infantil e xuvenil e nos contidos do seu App.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.