Por X.M. Fernández | Verín | 05/11/2021 | Actualizada ás 09:35
O vindeiro sábado, 6 de novembro, o Concello de Verín celebra un magosto popular na Praza Maior da vila. Os asistentes ao evento, que comezará ás 19:00 horas, poderán degustar castañas de balde e desfrutar dunha divertida xornada de festa, como non podía ser doutra maneira, con foliada aberta e baile.
As personas interesadas en participar na foliada co seu instrumento terán que inscribirse previamente, antes deste venres 5 de novembro ás 15:00 horas. A organización facilita o seguinte enderezo electrónico para facelo: inscricions@verin.gal.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.