Por Galicia Confidencial | O Barco de Valdeorras | 07/05/2023 | Actualizada ás 23:12
Na tarde do venres 5 de maio deuse presentación á "Primavera de Portas Abertas na Ruta do Viño de Valdeorras". Segundo sinalou o presidente, Joaquín Sánchez, preténdense poñer en valor os activos e recursos “naturais e paisaxísticos, patrimoniais, arquitectónicos e históricos da zona”. Para iso, a organización deseñou unha completa axenda de 15 actividades que se desenvolverán ao longo de toda a fin de semana en diferentes municipios do territorio amparado.
Unha axenda que propuxo, entre outras posibilidades, gozar dun roteiro en eBike polo Parque Natural da Serra de Enciña de Lastra ou percorrer a pé diversos tramos do Camiño de Inverno ao seu paso pola comarca.
PENSANDO NUN FUTURO 'CONSORCIO DE TURISMO DE VALDEORRAS'
Durante a súa participación no acto inaugural da iniciativa, que este ano alcanza a súa edición número XII, o presidente da Ruta do Viño de Valdeorras quixo instar a todos os municipios que conforman o territorio amparado vitivinícola a “sumar esforzos” e “remar na mesma dirección” para posibilitar que se cre un Consorcio de Turismo de Valdeorras, unha iniciativa similar á existente noutras zonas próximas como a Ribeira Sacra .
“O noso posicionamento como destino enoturístico está cada vez máis traballado”, sinalou Sánchez, quen non dubido en presentar a entidade que preside como un verdadeiro axente dinamizador de atracción de turistas á comarca grazas á ducia de actividades postas en marcha en 2022. “Pero é preciso promover Valdeorras dun modo conxunto e integral. Algo que, desde logo, non é incompatible con resaltar os encantos singulares de cada un dos municipios que conforman a comarca. Sabemos que os teñen, e moitos”, concluíu o presidente do Roteiro do Viño.
Medio centenar de membros conforman xa asociación dinamizadora de Valdeorras como destino enoturístico. Entre os socios hai adegas, pero tamén establecementos de restauración e hostalería, tendas de produtos enogastronómicos, empresas, guías e axentes vinculados en diverso grao ao desenvolvemento turístico da zona.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.