Temas: PREMIO ESTUDO ARTE
1 de 35 en Axenda seguinte

O 26 de outubro finaliza o prazo para participar nos premios fin de carreira dos ensinos artísticos superiores

Os interesados deberán formular as solicitudes na sede electrónica da Administración autonómica.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/10/2023 | Actualizada ás 17:19

Comparte esta noticia

Os interesados en participar nos premios fin de carreira dos ensinos artísticos superiores da Xunta poderán presentar a súa solicitude ata o 26 de outubro.

Así, en concreto están dirixido aos alumnos que finalizaron os seus estudos no curso 2022/2023 en centros públicos de Galicia nas disciplinas de música, deseño, arte dramática e conservación e restauración de bens culturais.

En total, concederán ata seis premios e para poder acceder a este recoñecemento os candidatos deben ter unha puntación media no expediente académico igual ou superior a 8,5 puntos.

Os interesados deberán formular as solicitudes na sede electrónica da Administración autonómica ata o 26 de outubro. Así, os galardoados recibirán unha dotación económica dun máximo de 3.500 euros e un diploma acreditativo do recoñecemento.

Real Academia Galega das Belas Artes
Real Academia Galega das Belas Artes | Fonte: Wikipedia

Temas: PREMIO ESTUDO ARTE
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta