Temas: MúSICA FESTIVAL

Segunda cita musical do Outono Códax Festival

O controvertido artista madrileño Tito Ramírez, “o Sixto Rodríguez español”, presentará o seu LP 'The Kink of mambo', mestura de R&B, boogaloo, cha-cha-chá, e mambo.

Por X.M. Fernández | Santiago de Compostela | 05/12/2020 | Actualizada ás 19:36

Comparte esta noticia

A música volve sonar de novo en directo este 5 de decembro na segunda xornada do Outono Códax Festival 2020. Será no hotel NH Collection, escenario que acollerá ao “misterioso” Tito Ramírez, alcumado “o Sixto Rodríguez español”. "No seu día creuse que o seu primeiro single pertencía a un artista dos anos 60 que nunca o chegara a publicar, ata que o home enmascarado subiu ao escenario para presentalo", explican dende a organización.

Tito Ramírez. Foto: Prensa Outono Festival
Tito Ramírez. Foto: Prensa Outono Festival

Tito Ramírez trae a Compostela o seu primeiro LP editado por El Volcán, con licenza de Discos Antifaz. Trátase de The Kink of Mambo onde o autor presenta unha exquisita confluencia de R&B, boogaloo, cha-cha-chá e por suposto mambo; todo dende unha perspectiva moi persoal que perverte patróns rítmicos e canons.

Composto por 12 cancións, o disco inclúe os seus tres éxitos ata o momento: “Lonely Man”, “Last Train” e "Mambo nº666", ademais de novos clásicos e unha revisión cha-cha-chá de "Amanecer sin ti" de Palito Ortega.

Para poder ver en diferido esta actuación cómpre rexistrarse na web de Martín Códax e estará accesible durante dez días dende o 7 de decembro.

O FESTIVAL

A edición deste ano, que combina posibilidade de seguimento dos concertos vía streaming, é posible baixo o patrocinio de Bodegas Martín Códax e en colaboración co Concello de Santiago de Compostela, NH Collection, Gadis e o Mercado da Estrela. Está promovido por Raíña Productions e A Reixa presentando unha ampla programación con cinco grandes concertos e actividades paralelas en Santiago de Compostela.

Temas: MúSICA FESTIVAL
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta