Atropeladas dúas persoas en Cabanas

Unha das persoas accidentas acabou no hospital.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/11/2021 | Actualizada ás 10:19

Comparte esta noticia

Unha muller foi trasladada a un centro hospitalario despois de ser atropelada xunto con outro peón na tarde deste pasado domingo no termo municipal de Cabanas (A Coruña).

Segundo a información facilitada pola Garda Civil a Europa Press, este atropelo a dous peóns tivo lugar sobre as 19,40 horas á altura do quilómetro 20,800 da estrada N-651.

Ao lugar Urxencias Sanitarias de Galicia-061 enviou unha ambulancia de soporte vital básico que trasladou ao Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol á muller S.C.C., de 37 anos, confirmaron fontes sanitarias. Pola súa banda, o condutor do vehículo implicado neste atropelo obtivo resultado negativo na proba de alcoholemia, sinalaron fontes da Benemérita.

Lugar dun atropelo
Lugar dun atropelo | Fonte: GARDA CIVIL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta