Ethel Vázquez: "Unha tarifa nas autovías condenaría a Galicia e beneficiaría a Cataluña e Euskadi"

A conselleira advirte que se trata dunha medida que "merece ser abordada con seriedade".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/11/2021 | Actualizada ás 17:11

Comparte esta noticia

A conselleira de Infaestructuras e Mobilidade, Ethel Vázquez, censurou o pago por uso das autovías que o Goberno central "quere impor de maneira unilateral" e advertiu das consecuencias que tería esta medida no caso galego.

"Unha tarifa de céntimos por quilómetro, como a que o Goberno de España pretende impor, condenaría a Galicia e beneficiaria de forma substancial a Cataluña e a Euskadi", advertiu Ethel Vázquez.

Neste sentido considera que "se trata dunha medida de tanto impacto e calado que merece ser abordada con seriedade" nunha conferencia sectorial do transporte que se debería convocar a tal fin.

A titular de Infraestruturas tamén demanda ao Goberno de España que informe sobre esta cuestión ao Congreso, ao Senado e ás comunidades autónomas.

Para Ethel Vázquez, "a situación periférica" na que Galicia se atopa respecto ao mercado europeo é determinante á hora de valorar o hándicap que para a comunidade suporía o impor unha peaxe nas autovías respecto doutros territorios como Cataluña ou Euskadi.

Arquivo - Varios vehículos percorren a autovía A3 o fin de semana en que arrinca a 'Operación Retorno'. Jesús Hellín - Europa Press - Arquivo
Arquivo - Varios vehículos percorren a autovía A3 o fin de semana en que arrinca a 'Operación Retorno'. Jesús Hellín - Europa Press - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Viravento

Por unha vez, de acordo. Non entendo a obsesión por obligar a pagar dúas veces as autovías! É un xeito de penalizar as áreas malchamadas periféricas sen sentido ningún.