Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 08/11/2021 | Actualizada ás 19:24
Un grupo de investigadores da Universidade de Oviedo remitiu unha carta ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, para propor a creación dunha 'Rede Sísmica de Galicia' ante a elevada actividade rexistrada nas últimas décadas. Esta ferramenta serviría para de complementar a vixilancia que proporcionan o actuais seis sismógrafos dos que dispón a Rede Sísmica Nacional polo territorio.
Os investigadores do departamento de Xeoloxía, Gabriela Fernández Viejo, Sergio Llana Fúnez, Jorge Acevedo Sánchez e Carlos López Fernández, destacan que nos últimos 40 anos rexistráronse máis de 5.000 terremotos, dos que unha vintena alcanzaron unha magnitude superior a 4.
Así mesmo, destacaron a magnitude superior a 5 alcanzada por un terremoto con epicentro nas proximidades de Becerréa (Lugo) no ano 1997, ademais doutro sismo o pasado 29 de outubro de magnitude 4,2 con epicentro fronte ás costas de Ortigueira, que sacudiu todo o noroeste peninsular.
A profesora Gabriela Fernández incidiu en estudar en detalle esta actividade sísmica "é vital para comprender a súa orixe e establecer o seu potencial impacto social".
Por outra banda, o profesor Sergio Llana destaca que estes dispositivos representan "o principal sistema do que dispón a comunidade científica para o estudo da sismicidade". Por iso, tanto Jorge Acevedo como Carlos López, outros asinantes do documento, destacan a necesidade de instalar estes dispositivos
"Unha rede sísmica de Galicia, como a que teñen despregada Euskadi, Cataluña ou Andalucía, permitiría dispor dunha imaxe moito máis certeira das orixes da sismicidade e, en consecuencia, estar preparados a medio e longo prazo para dar resposta informada a futuros eventos xeolóxicos", conclúe.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.