A RAG pide un "tratamento" diferente para o galego porque "non é un adorno"

Freixanes apoia derrogar o 'decreto do plurilingüismo'.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 15/11/2021 | Actualizada ás 11:48

Comparte esta noticia

O presidente da Real Academia Galega, Víctor Freixanes, mostrou o seu apoio aos acordos adoptados na asemblea xeral da Rede Europea pola Igualdade das Linguas (ELEN), celebrada en Santiago de Compostela, e que reclamou a derrogación do 'decreto do plurilingüismo' e que se garanta o galego como idioma vehicular en todas as etapas educativas.

Fíxoo, a preguntas dos xornalistas, coincidindo coa súa comparecencia xunto ao delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, que este luns visitou a institución académica.

Sobre a decisión da ELEN, indicou que apoia "os acordos desa reunión". Ademais, recalcou que o galego é un "patrimonio que produce riqueza" e non "un adorno". "O galego necesita un tratamento que nestes momentos non ten". Por iso, demandou que "se revisen" unhas políticas que "se poden mellorar", manifestou tanto en referencia ao 'decreto do plurilingüismo' como á lei de normalización lingüística.

"Hai moitos aspectos por desenvolver e outros por actualizar como as novas tecnoloxías", apuntou a este respecto sobre esta última.

Víctor F. Freixanes, presidente da RAG/RAG / Europa Press
Víctor F. Freixanes, presidente da RAG/RAG / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta