Os consellos de Xornalistas Galegas para informar sobre o machismo con perspectiva de xénero

A plataforma achega unha guía de boas prácticas aos medios de comunicación de Galicia.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/11/2021 | Actualizada ás 19:00

Comparte esta noticia

Evitar informar de episodios de violencia machista ou discriminación sen perspectiva de xénero. Ese sería o obxectivo da guía de boas práctias para comunicar correctamente sobre esta temática que a plataforma Xornalistas Galegas vén de achegar aos principais medios de comunicación de Galicia. A campaña, apuntan dende a organización, vén acompañada do cancelo #25NtodosOsDías para impulsar unha información "rigorosa, respectuosa e con perspectiva de xénero" máis alá do 25 de novembro

Presentación de Xornalistas Galegas
Presentación de Xornalistas Galegas

A achega, que vén dada polo gallo do do Día Internacional da Eliminación da Violencia contras as Mulleres, inclúe unha serie de consellos, boas e malas prácticas para contribuír a que as e os profesionais do xornalismo galego "poidan comunicar correctamente sobre violencia de xénero". O colectivo incide na necesidade de incorporar a perspectiva de xénero en todos os medios, tanto en prensa escrita como en radio e televisión, e tanto nos contidos informativos como de entretemento.

Entre as propostas de mellora está o feito de "desterrar a descrición da violencia de xénero como un 'suceso' ou 'crime paixonal'", á parte omitir datos que dende a organización ven  "innecesarios, persoais, sensacionalistas ou morbosos" e que "non aportan informativamente". Todo de cara a "fuxir da banalización da prostitución, buscar sempre voces expertas ou evitar a utilización da veciñanza como fonte informativa".

O documento anima tamén ás persoas profesionais dos medios de comunicación a formarse en perspectiva de xénero, apostar pola linguaxe inclusiva ou promover unha comunicación máis responsable coa violencia machista no seu posto de traballo. A iniciativa, á que se une a camapañ en redes, busca concienciar a profesionais da comunicación, mais tamén ás persoas responsables dos medios públicos e privados para que, por un lado, non se repitan prácticas moi graves cometidas este ano e, por outro, se fomenten e reproduzan outras exemplares.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Está ben que as xornalistas fuxan da banalización... e cicais fóra bo denunciar a abusiva utilización dos "muros de pago" nos medios, que están a impedir a transmisión da información entre a sociedade (de pouco servirá empregar técnicas xornalísticas de gran corrección) cando esas informacións nin siquera chegan á inmensa maioría dos lectores ! Pero cicais cada quen é libre de tirar polo camiño do medio e converter o "xornalismo políticamente correcto" o único camiño de futuro para una profesión digna de gran respecto en Democracia ! http://gamela00.blogspot.com/2019/1...