Por Pablo Chao | Santiago de Compostela | 28/11/2021 | Actualizada ás 14:00
O Victoria CF foi fundado no ano 1943 na cidade de A Coruña e sempre se caracterizou polo coidado e gusto pola canteira, xa que é un dos clubes da cidade herculina que máis futbolistas levaron a élite do fútbol nacional.
Neste aspecto hai que recordar a futbolistas como Amancio Amaro, ex-xogador do Real Madrid, Real Club Deportivo e da selección española; Lucas Pérez, actual xogador do Elxe con pasado no Arsenal ou no Real Club Deportivo, entre outros; Rober Pier, actual xogador do Levante U.D; Juan Carlos Real, actual xogador do Huesca; e Raúl Carnero, actual xogador do Valladolid.
Nestes anos de historia deste modesto clube coruñés destácase principalmente o título de campión de Primeira División de A Coruña e posteriormente o de Campión Galego de Afeccionados na tempada 1971-72, sendo o único equipo da capital en lograr este título.
Sen embargo, o Victoria CF, que milita actualmente na Preferente Norte Grupo 1B, lograba o que ata agora é o feito máis importante da súa historia, clasificarse para a primeira ronda da Copa do Rei tras derrotar ao CD Hernani no campo da Grela cun resultado de 1-0.
Xunto co Deportivo, serán dous os equipos coruñeses que estarán na seguinte eliminatoria da Copa do Rei. O Victoria CF enfrontarase ao todopoderoso Villarreal mentras que o Deportivo viaxará a Murcia para enfrontarse ao UCAM Murcia.
APOSTA POLA CANTEIRA
Tras uns anos de crise tanto institucional coma deportiva, a xunta directiva do equipo da Grela decidiu dar un xiro radical e apostar fortemente pola canteira. "Antes apostábase máis pola xente de fora pero agora hai xogadores do primeiro equipo que levan desde prebenxamís no equipo", explica Guillermo Pigueiras, entrenador do clube coruñés.
"A esencia deste clube debe ser a aposta clara polos xogadores da casa e así seguro que nos irá mellor as cousas, como se ve neste ano ao xogar en Preferente e a primeira ronda da Copa do Rei contra un equipo Champions coma o Villarreal", conclúe Pigueiras.
EQUIPO ATRACTIVO
O rival do Victoria na primeira ronda da Copa do Rei é o Villarreal, un dos equipos máis punteiros da Liga Española e que conta con xogadores de talla mundial coma son Gerard Moreno, Pau Torres ou Parejo, entre outros.
O presidente do Victoria, Juan Vázquez, mostrouse satisfeito có resultado do sorteo. "Dos equipos de Primeira é dos máis potentes xa que está xogando competición europea, así que ten atractivo", explicaba Vázquez.
"O maior atractivo sería o Celta de Vigo, porque é galego, sería un derbi, tería moito morbo na cidade, respiraríase ese ambiente en toda a cidade e daría un plus aínda que penso que vai a ser de igual maneira có Villarreal, admitiu Vázquez.
Este histórico partido para o clube coruñés terá lugar o próximo martes 30 de novembro no estadio ABANCA-RIAZOR ás 19. horas e será televisado en DAZN.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.