Yolanda Díaz cualifica de "moi emocionante" o seu encontro co papa Francisco

Regalou ao pontífice unha estola de plástico reciclado feita polas Carmelitas Descalzas e unha edición especial de 'Follas Novas', de Rosalía de Castro.

Por Europa Press / Redacción | Vaticano | 11/12/2021 | Actualizada ás 14:38

Comparte esta noticia

A vicepresidenta segunda e ministra de Traballo, Yolanda Díaz, conversou co papa Francisco sobre os decretos lexislativos que emprendeu España para paliar a crise e o concepto de traballo como axente social que dá dignidade e achega igualdade, segundo informaron fontes do Goberno español.

O papa Francisco olla un exemplar de Follas Novas de Rosalía de Castro entregado pola vicepresidenta segunda e ministra de Traballo, Yolanda Díaz, na súa visita ao Vaticano. VATICAN MEDIA
O papa Francisco olla un exemplar de Follas Novas de Rosalía de Castro entregado pola vicepresidenta segunda e ministra de Traballo, Yolanda Díaz, na súa visita ao Vaticano. VATICAN MEDIA | Fonte: Europa Press

A propia Díaz, que acudiu acompañada do secretario de Estado de Emprego, Joaquín Pérez Rey, limitouse a asegurar que foi un encontro "moi emocionante". "Foi un encontro moi emocionante e debo de ser respectuosa e non lles vou poder revelar o contido da conversa co Santo Padre", dixo aos xornalistas apostados na Praza de San Pedro.

As fontes do Executivo enmarcaron a visita como un encontro cordial do que estaba informado o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, como xa explicou este mesmo venres a portavoz do Goberno, que sinalou que o presidente coñecía a cita desde hai quince días.

Durante o encontro no Palacio Apostólico do Vaticano, a vicepresidenta segunda regalou ao Papa unha estola feita de plástico reciclado e unha edición especial do libro de poesías da escritora galega Rosalía de Castro, 'Follas novas'.

Os obsequios encarnan tanto a visión ecolóxica do mundo como a defensa dos migrantes que o papa e Díaz comparten, segundo fontes do Goberno español.

O tecido da estola está fabricado con polímeros procedentes de descartes de plásticos e foi bordada polo convento das Carmelitas Descalzas de Alcalá de Henares. Ademais, o compendio de poesías da escritora galega é o libro que moitos deles levaban consigo nas súas maletas cando puxeron rumbo a Arxentina na década dos 60.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Interesante, non Carmiña, moi estresante... Marcho pa casa !