Acto vandálico contra a estatua de Lorca na Alameda de Santiago

Unha restauradora achegousepara tentar limpar a escultura.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 12/12/2021 | Actualizada ás 17:51

Comparte esta noticia

A estatua de Federico García Lorca situada na Alameda de Santiago de Compostela amenceu este domingo cunha pintada. Trátase dun acto vandálico sobre o cal a Policía Local xa está a realizar un informe, segundo asegura o Concello.

Estatua de Federico García Lorca na Alameda de Santiago cunha pintada.
Estatua de Federico García Lorca na Alameda de Santiago cunha pintada. | Fonte: Europa Press

Tras coñecerse o ocorrido, o Consistorio emitiu un comunicado no que "condena e rexeita" as pintadas realizadas neste monumento situado nas escaleiras do Paseo da Ferradura.

Na tarde deste domingo, unha restauradora achegouse ata a Alameda para tentar limpar esta estatua que foi inaugurada o 25 de outubro de 2020, coincidindo coa celebración do Día de Federico García Lorca en Galicia.

Esta obra, esculpida por Álvaro de la Vega, apareceu cun símbolo de cor branca sobre o peito que probablemente foi pintado de madrugada.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta