Por Galicia Confidencial | Vigo | 25/12/2021 | Actualizada ás 12:00
"Unha compañía en España quere facer a primeira gran granxa de polbos alegando que contribuirá a soster a biodiversidade mariña pero que xa tivo denuncias de crueldade". Así comeza un estenso artigo no prestixioso diario The Times sobre as intencións de Nueva Pescanova de construir granxas piscícolas para o cultivo de polbo.
A compañía investiu 7.5 millóns no Pescanova Biomarine Center, situado no Grove, un centro no que investigou o cultivo do polbo en cautividade. Uunha especie que, ata agora, era moi difícil de criar en piscifactoria, dado que as larvas comen comida viva única e necesitan unha contorna coidadosamente controlada.
Grupos de activistas de benestar animal, entre eles Compassion in World Farming (CIWF), pediu por carta ao Goberno español que deteña a cría industrial de polbos tras publicarse o informe Octopus Factory Farming: A Recipe for Disaster, con oito razóns polas cales considera esta práctica "cruel" e "insustentable".
A organización destaca que España se sitúa como un dos principais países de Europa onde se desenvolve o cultivo do polbo, que actualmente, conta con investigación de gaiolas mariñas e tanques en terra para acuicultura do Instituto Español de Oceanografía (IEO) de Vigo, ademais do desenvolvemento do cultivo do polbo da empresa Nueva Pescanova.
Ademais, sinala que os polbos capturados en liberdade consómense sobre todo en países europeos do Mediterráneo, en Asia e en México, aínda que tamén, recentemente, xerouse unha nova demanda en países como Estados Unidos e Xapón.
Nueva Pescanova argumenta que o cultivo de polbos pode substituír aqueles capturados no ámbito salvaxe, por tanto axudaría, di, a manter a biodiversidade mariña desta especie.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.