Seis concellos pontevedreses retirarán simboloxía franquista con axudas da Deputación

Agardan que en vindeiras edicións esta liña de axudas chegue a máis municipios da provincia.

Por Galicia Confidencial | PONTEVEDRA | 22/12/2021 | Actualizada ás 21:30

Comparte esta noticia

A retirada de escudos, insignias, placas, estatuas, mencións conmemorativas de exaltación persoal ou colectiva ou calquera pegada de eloxio relacionada co franquismo; así como as rehabilitacións e restauracións dos elementos dos bens inmobles de titularidade municipal directamente afectados coa retirada da simboloxía franquista. Son actuacións que os concellos de Baiona, A Guarda, As Neves, Pazos de Borbén, Ponte Caldelas e Salceda de

Simboloxía franquista nos Pazos de Borbén.
Simboloxía franquista nos Pazos de Borbén. | Fonte: Deputación de Pontevedra

Caselas poderán levar a cabo grazas a unha liña de axudas da Deputación de Pontevedra. O obxectivo: eliminar simboloxía do espazo público.

A deputada de Memoria Histórica María Ortega quixo subliñar a valentía dos concellos solicitantes para cumprir coa Lei de Memoria vixente, que abrirá camiño para que en vindeiras edicións a liña de axudas chegue aínda a máis municipios da provincia co fin de erradicar as conmemoracións ou lembranzas do franquismo que aínda se conserven. A nacionalista destacou a puxo en valor o interese amosado polos os gobernos locais por retirar elementos que están vencellados coa ditadura e por cumprir os principios de ‘verdade, xustiza e reparación’ .

Na meirande parte dos casos, as retiradas de simboloxía corresponden a elementos relacionados coa Falanxe (FET y de las Jons), o partido único do réxime franquista que deu paso posteriormente ao Movemento Nacional, e que foi parte da estrutura do réxime e da represión exercida sobre a poboación durante a ditadura. Tamén hai elementos das Xuntas de Acción Municipal (JAM), que foron grupos dependentes da Falanxe formados en barrios ou pequenas poboacións co obxecto de levar adiante accións sobre o terreo e promover e exaltar o ideario falanxista e franquista entre a veciñanza.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta