Francisco Tettamancy, o intelectual coruñés con nostalxia dos Mártires de Carral

A Deputación da Coruña homenaxea ao escritor e xornalista.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/01/2022 | Actualizada ás 17:03

Comparte esta noticia

A Deputación da Coruña homenaxeou ao intelectual Francisco Tettamancy, un acto que marca o inicio dunha serie de actividades para pór en valor o seu legado. Trátase dunha serie de iniciativas que promoven as áreas de Patrimonio e de Normalización Lingüística, encamiñadas a pór en valor a figura e a obra do intelectual coruñés.

"Francisco Tettamancy foi un dos grandes da nosa historia e pensamos que como tal ten que ser lembrado", aseguraba este luns a deputada de Normalización Lingüística, María Muíño, na homenaxe institucional. Xunto a ela, estivo tamén o deputado de Patrimonio, Xosé Lois Penas, e a bisneta de Francisco Tettamancy Gastón, Charo Varela. "Para a familia esta homenaxe ten unha importancia non cuantificable", manifestaba, á súa vez, esta última.

A Deputación homenaxea a figura de Francisco Tettamancy tras cumprirse 175 anos da revolta galeguista de 1846, un dos fitos históricos sobre os que este intelectual coruñés ten varios traballos editados.

Monumento aos Mártires da Liberdade de Carral.
Monumento aos Mártires da Liberdade de Carral.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta