Lembran a contribución de Ramón Sampedro á "humanización" da morte polo Día da Morte Digna

A Asociación Dereito a Morrer Dignamente loa os avances da LORE e denuncia a "pasividade entorpecedora" do cumprimento da Lei da Xunta.

Por Galicia Confidencial | COMPOSTELA | 11/01/2022 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Coincindo co aniversario do falecemento de Ramón Sampedro, símbolo do dereito a decidir sobre a propia vida e da loita pola despenalización da eutanasia, a Asociación Dereito a Morrer Dignamente vén conmemorando dende hai tres cada 12 de xaneiro o Día da Morte Digna. Este 2022 non será excepción e, este domingo 16 ás 13 horas a asociación na defensa do dereito a decidir sobre a propia vida convoca un acto que terá lugar na Praia das Furnas (Xuño-Porto do Son).

Ramón Sampedro, o primeiro caso de eutanasia televisado
Ramón Sampedro, o primeiro caso de eutanasia televisado | Fonte: X.M. Albán

Un acto sobre de lembranza e recoñecemento da súa contribución á humanización da morte e ao respecto á dignidade e liberdade das persoas que "este ano adquire especial significación por ser o primeiro no que por fin existe unha lei que recoñece no noso país o dereito a solicitar e recibir axuda para morrer, o dereito á eutanasia", apuntan dende a Asociación Dereito a Morrer Dignamente.

Así, a asociación reivindica que a lei (LORE) é un "importante" avance nos dereitos individuais das persoas: "un innegable progreso na humanización da morte e un medio fundamental para aliviar o temor e o sufrimento de moitas persoas". A promulgación desa Lei á que tanta xente contribuíu a miúdo moi dolorosamente, afirman, esixe a toda a

cidadanía unha actitude de consideración e de respecto ás decisións que adopten as persoas e conleva "obrigas de disposición de medios e de desenvolvemento de accións para as Administracións Públicas".

Nese senso, a asociación aproveita para denunciar a "pasividade entorpecedora" do

cumprimento da Lei que está a manifestar a Xunta de Galicia. "Ata agora só cumpriu

tarde coas esixencias ineludibles ás que lle obrigaba a Lei Orgánica, pero nin desenvolveu o previsto na mesma no que concirne á realización do Testamento Vital, nin tampouco no referido á difusión pública e á formación nesta cuestión das/os profesionais sanitarios" censuran.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta