Fisioterapeutas piden "medidas urxentes" para frear a cronificación de afeccións poscovid e covid persistente

"Entre o 10 e o 15% das persoas que contraian a Covid-19, independentemente do grao de afectación, padecerá afeccións poscovid", alertan.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 18/01/2022 | Actualizada ás 17:05

Comparte esta noticia

Os fisioterapeutas de Galicia reclaman "medidas urxentes" para frear a cronificación de afeccións poscovid e covid persistente no marco do impacto da sexta onda da pandemia que, aseguran, "está a deixar na sombra outro problema moi grave" que pasa por que "entre o 10 e o 15% das persoas que contraian a Covid-19, independentemente do grao de afectación, padecerá afeccións poscovid".

Principais síntomas da covid persistente
Principais síntomas da covid persistente | Fonte: Ministerio de Sanidade - Traducido por Galicia Confidencial.

Explican que a denominación actualizada de covid persistente --tamén chamada covid prolongada, síndrome de covid crónica ou long covid--, supón unha "enfermidade que pode chegar a converterse en crónica", avisan.

"É imprescindible atallar este emerxente problema sanitario e que as administracións tomen medidas urxentes para que o sistema de saúde poida proporcionar solucións ao cada vez maior número de persoas afectadas", sinala o Colexio de Fisioterapeutas de Galicia (CoFiGa).

Para iso, o CoFiGa demanda "unha maior presenza de fisioterapeutas nos equipos multidisciplinares que tratan a este tipo de pacientes". "Para que podamos axudar a axilizar a recuperación funcional destas persoas", abundan.

"O número de fisioterapeutas xa era moi escaso en hospitais e en centros de saúde antes da pandemia. A chegada da covid persistente fai imprescindible aumentar o seu número, para lograr que as persoas afectadas poidan retomar unha vida normal canto antes", engaden por parte do CoFiGa.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta