Máis de 500 especialistas participarán esta semana no VII Simposio de Biopsia Líquida

Inaugurarase este mércores nun formato 100% virtual.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/01/2022 | Actualizada ás 17:10

Comparte esta noticia

Máis de 500 especialistas participarán durante tres días no VII Simposio de Biopsia Líquida, organizado polo Instituto de Investigación Sanitaria (IDIS) de Santiago de Compostela, que será inaugurado este mércores e desenvolverase nun formato "100% virtual".

Segundo informou a organización deste evento, está previsto que o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, inaugure a partir das 15,15 horas deste mércores 26 de xaneiro este VII edición do Simposio Biopsia Líquida, un foro que abordará durante tres días "a vangarda da oncoloxía de precisión". Debido á pandemia, o simposio realizarase, do mesmo xeito que xa sucedeu o ano pasado, "en formato 100% virtual", destaca a organización desta cita.

Os avances en tecnoloxía e biopsia líquida e a súa aplicación aos diferentes tipos de cancro, a integración da biopsia líquida nos comités moleculares de tumores, a urxencia de converxer con Europa en oncoloxía de precisión ou a necesidade de promover unha estratexia nacional neste ámbito representan algunhas das cuestións que se analizarán no foro.

Tamén haberá lugar para debater sobre a combinación de biopsia líquida e epixenética ou a implantación de biomarcadores na clínica do noso país, entre outras cuestións.

Ademais do titular de Sanidade, na inaguración deste simposio está prevista a participación do doutor Rafael López, coordinador científico desta cita e xefe de Oncoloxía do Hospital Clínico Universitario de Santiago; así como a xerente da área sanitaria compostelá, Eloína Núñez.

Proxecto de mostraxe de sangue para o estudo de biopsia líquida. ONCOMET - Arquivo
Proxecto de mostraxe de sangue para o estudo de biopsia líquida. ONCOMET - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta