O comité de Alu Ibérica na Coruña reclama que a SEPI "reflote" a planta

Antón Gómez-Reino insta á administración a dar o paso "definitivo" por ser unha fábrica "viable".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 26/01/2022 | Actualizada ás 14:29

Comparte esta noticia

O presidente do comité de empresa da planta de Alu Ibérica na Coruña, Juan Carlos López Corbacho, reclamou que a Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI) se faga cargo da empresa para "refrotala". Esta proposta foi apoiada tamén polo portavoz de Galicia en Común e deputado no Congreso, Antón Gómez Reino, tras unha reunión cos representantes sindicais. Nela, anunciou a presentación dunha batería de iniciativas para garantir a continuidade dunha planta "viable" e dos empregos.

Antes, o presidente do comité de empresa pediu que se busque "o financiamento necesario" para pór en marcha a fábrica, un investimento que cifrou "en apenas un millón de euros". "Temos carga de traballo para dous talleres, fundición e torre de pastas", insistiu. Por iso, pediu que se adopten medidas para a súa posta en marcha e captar investimentos.

"Calquera proxecto industrial de futuro ten que contar con este persoal", dixo tamén. Por outra banda, argumentou que a SEPI é "o organismo capacitado para facerse cargo da empresa". "Pode facer unha oferta como calquera outro investidor e reflotala desde aí". Como argumentos, expuxo que se trata dunha empresa "cun patrimonio de 210 millóns de euros, estimados polo administrador concursal, e cunha débeda de 20 millóns de euros, onde o acredor principal é a administración". "Con estes datos, quen ten que entrar é a administración para protexer a súa débeda" e por ser "un proxecto que tutelou desde o principio".

INICIATIVAS NO CONGRESO

Pola súa banda, Gómez Reino asegurou que nas próximas semanas intensificarán as accións lexislativas e os contactos no ámbito do Goberno para atopar o financiamento que pide o comité. Como a representación sindical, considerou que a SEPI debe participar nunha planta "que tivo unha orixe pública". "Podería ser ben completamente ou, en parte, de capital público", insistiu o portavoz de Galicia en Común para quen o persoal leva "demasiado tempo" de loita. "Non queda máis camiño que, dunha vez por todas, déase o paso definitivo desde a administración", recalcou.

Traballadores de Alu Ibérica na Coruña secundan unha nova protesta na xornada de folga indefinida. COMITÉ DE EMPRESA DE ALU IBÉRICA
Traballadores de Alu Ibérica na Coruña secundan unha nova protesta na xornada de folga indefinida. COMITÉ DE EMPRESA DE ALU IBÉRICA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta