Por Galicia Confidencial | Compostela | 27/01/2022 | Actualizada ás 10:34
"Tongo", "ridículo", "vergoña".... Moitos calificativos e ningún "a xeito" para definir a esperpéntica decisión do xurado do Benidorm Fest e a narración dos presentadores sobre a soberbia actuación das Tanxugueiras.
Uns berros que non só incendiaron as redes sociais, senón que tamén se puideron escoitar no propio festival cando o xurado deu a coñecer as cancións gañadoras, deixando ás Tanxugueiras de quintas e, polo tanto, sen posibilidades de poder acceder a final. Só o voto do público, masivo a favor delas, as colocou na segunda posición.
De feito, foron moitos os que denunciaron que o seu voto daba "erro". E non un ou dous televidentes, senón que foron moitos os que se quixaron en redes da "manipulación" das propias votacións telemáticas do público. De momento, a organización non se pronunciou sobre o sucedido nin sobre as mensaxes de erro que moitos televidentes recibiron nos seus teléfonos móbiles ao votar.
AS TANXUGUEIRAS: "QUEDAMOS CON TODA A XENTE QUE APOSTA POR NÓS"
As Tanxugueiras teñen claro o acontecido: "Cremos que (o xurado) ten as cousas bastante claras e son os seus gustos. Non lle poderemos dar a volta. Quedamos con toda esa xente que aposta por nós", apuntou Sabela Maneiro, unha das integrantes.
"LINGUA INVENTADA"
Outro dos momentos máis criticados do festival foi cando os presentadores dixeron que "Bélxica llevó a Eurovisión dous años unha canción en lengua inventada", aínda que, posteriormente tentaron amañalo asegurando que "las Tanxugueiras no inventan nada".
Se ve venir que quieren que gane Chanel... ya veréis, ayer intentaron dejar fuera TERRA y hoy será lo mismo con MAMÁ....esto huele a muerto #tongo pic.twitter.com/mNZTfY8dyb
— UnHombreBueno (@HbVed60WenqxEo2) January 27, 2022
Parece que para @EurovisionTVE SÍ QUE HAY FRONTERAS.#TanxugueirasAEurovisión #tongo #BenidormFest pic.twitter.com/1w8uYenucm
— Mafi (@mafalda_duty) January 26, 2022
De verdade o xurado considera que esta BRUTALIDADE tiña que quedar de penúltima? Pois non lles queda nada, o sábado o público levaremos ás #Tanxugueiras a #Eurivision
— OrgulloGalego (@OrgulloGalegoGz) January 27, 2022
Non podemos caer no pesimismo. O sábado tod@s coas Tanxu!#Tongo #TanxugueirasAEurovision #benidormfest pic.twitter.com/cIq5C1xpIS
Chanel, Tanxugueiras, Blanca Paloma y Varry Brava, a la final del #BenidormFest #ElFestivalQueQuieres
— Eurovisión RTVE (@eurovision_tve) January 26, 2022
¡Te contamos todos los detalles!https://t.co/QHK6YLtKij
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.