Por E.P. | Vigo | 03/02/2022 | Actualizada ás 14:41
A Federación de Asociacións de Industrias de Transformación e Comercializadores de Produtos da Pesca e da Acuicultura (Feicopesca) cifrou o seguimento da folga deste xoves por baixo do 30% en toda España, en concreto nun 27,2% en números globais, "existindo fábricas de gran relevancia con valores próximos ao 0% en seguimento".
Nun comunicado, os empresarios reprocharon que a "falta de coherencia" dos sindicatos presentes na mesa de negociación levou ao conflito e a dúas novas xornadas de folga, que "impactan" nos ingresos dos traballadores.
Feicopesca explicou que a "falta de decisión" dos sindicatos e a súa "incapacidade" de pechar un acordo tras máis de 12 horas de negociación este mércores expuxo "" aos traballadores a dous días máis de folga.
"Tras escoitar as peticións, mellorouse enormemente a oferta cuns incrementos ligados ao IPC Real durante a vixencia do convenio colectivo e comprometíase a elaboración con carácter inmediato dunha nova clasificación profesional tan solicitada polas centrais sindicais", explicaron desde a patronal. Con todo, non foi suficiente e non se chegou a un acordo.
Así, a representación empresarial decidiu considerar o acordo construído ata a data como "inhábil" e deixouno se efecto, "asumindo comezar desde cero a negociación" e, se é posible", "con portavoces decididos a unha posible firma dun convenio colectivo".
Por outra banda, as empresas do sector defenderon a igualdade entre homes e mulleres e rexeitaron "o uso interesado con fins sindicais dun tema tan importante", despois de que sindicatos chamasen "machista" á patronal. "No sector os postos de traballo analízanse polo valor que achegan, sendo evidente que unha mecánica cobra o mesmo que un mecánico ou que un limpador de atún cobra o mesmo que unha limpadora de atún", reivindicaron.
SEGUIMENTO DA FOLGA
En cando ao seguimento da folga, os datos recolleitos pola patronal a primeira agora cifran que un 27,2% dos traballadores en números globais secundaron o paro. Por comunidades autónomas, Galicia foi novamente a que maior participación tivo cun 27,6%, mentres que en Cantabria ascendeu ao 24,8%.
Respecto ao impacto sobre as producións, o stcok acumulado nalgúns casos rolda os 60 días de servizo ao cliente, o que permitirá manter con "total normalidade" a comercialización dos produtos pesqueiros conservados en prazo.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.