Por E.P. | A CORUÑA | 03/02/2022 | Actualizada ás 18:54
A Universidade da Coruña e a empresa NTT DATA, compañía de servizos de Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC), asinaron este xoves o convenio de creación da Cátedra de Diversidade e Tecnoloxía.
A cátedra, posta en marcha este mesmo mes de febreiro, pretende favorecer "o intercambio de experiencias nos campos da docencia, a investigación e a cultura en xeral". O reitor da UDC, Julio Abalde, e o director das oficinas de Galicia e Asturias de NTT DATA, Alberto Borrego, asinaron o acordo dunha cátedra que substitúe á de Transformación Dixital.
Abalde destacou que esta Cátedra permitirá, entre outras cousas, "traballar no impulso de vocacións tecnolóxicas femininas". "É moi importante que haxa mulleres tecnólogas que contribúan no deseño da tecnoloxía e os traballos do futuro. Se non é así, será un futuroen o que non participa a metade da poboación".
O director das oficinas de Galicia e Asturias de NTTDATA subliñou que esta Cátedra reforza o compromiso de NTT DATAcon a transformación dixital de Galicia. "Queremos apostar polo talento diverso e inclusivo, o pensamento creativo e con impacto, a autonomía na toma de decisións e a capacidade para traballar en equipo", apuntou.
No plan de actividades destaca a colaboración no deseño eimpartición de programas de formación; organización de xornadas sobre atención específica á diversidade en títulos de campo STEM; promoción de estudos tecnolóxicos entre estudantes preuniversitarios; formación para a creación de empresas de base tecnolóxica ou para a explotación dos resultados da investigación ou a organización de visitas á sede de NTT DATA, entre outras.
SEMINARIO UNIQA
Dentro do marco de colaboración entre NTT DATA e a UDC xorde UNIQA, un seminario feminino dirixido ao "impulso das habilidades directivas e a marca persoal nas novas tecnoloxías e os traballos de futuro". Esta iniciativa comezará o próximo 12 de febreiro e busca "impulsar o peche da brecha existente nas carreiras científicas e tecnolóxicas".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.