Por Galicia Confidencial | Compostela | 04/02/2022 | Actualizada ás 11:47
A Consellería de Cultura, Educación e Universidade terá que responder ante a Valedora do Pobo polo respecto dos dereitos do persoal docente para o coidado dos fillos, tras a queixa remitida polo STEG.
Este sindicato lembra que o pasado 27 de xaneiro remitiu unha queixa para que instase á Consellería de Educación a recoñecer e informar debidamente, ao persoal docente, do seu dereito a gozar do permiso recollido na lexislación vixente, para o coidado de filla/o menor en illamento domiciliario ou corentena por COVID-19.
O STEG lemba que este dereito "responde a un deber inescusable de carácter público ou persoal, e relacionado coa conciliación da vida familiar e laboral".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.