Por Galicia Confidencial | Ourense | 04/02/2022 | Actualizada ás 14:23
Amig@s das Árbores denuncia un novo arboricidio, desta volta, nun dos corazóns do patrimonio ecolóxico de Ourense, a Ribeira Sacra. A entidade critica que se teñan cortado árbores cenenarias "en pleno corazón da Ribeira Sacra", ba estrada que comunica Loureiro co embarcadoiro e o encoro de Santo Estevo de Ribas do Sil, encoro de San Pedro e Os Peares no concello de Nogueira de Ramuín (Ourense).
En Nadal de 2018, o propio presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciaba a declaración como BIC de toda a paisaxe cultural da Ribeira Sacra, o que incluía as súas especies arbóreas centenarias, pero, a pesar diso, a corta de árbores senlleiras segue producíndose. "Nos últimos anos a Ribeira Sacra ten sufrido todo tipo de estragos que ten afectado aos seus valores etnográfico-culturais, as súas paisaxes, os seus ecosistemas", denuncia esta entidade.
"Resulta incomprensible que despois de tantas declaracións e de tantas teóricas proteccións se sigan estragando os valores patrimoniais da Ribeira Sacra", conclúe a entidade que indica que xa denunciou o acontecido.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.