Sés despídese do seu último traballo en Santiago antes de comezar a nova xira suramericana

A artista ofrecerá un concerto este venres 11 de febreiro no Auditorio de Galicia.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 08/02/2022 | Actualizada ás 11:42

Comparte esta noticia

Será o primeiro directo que a artista dará neste 2022 en Galicia e tamén o último que ofrecerá antes de emprender a súa nova xira suramericana, LATAMTOUR2022. A cita con Sés chegará este venres 11 de febreiro ás 20:30 ao Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela, onde dará a coñecer ao público o seu último traballo discográfico 'Liberar as Arterias'.

A artista galega Sés presenta 'Espiña sen rosas', adianto do seu disco 'Liberar as arterias'. ALTAFONTE
A artista galega Sés presenta 'Espiña sen rosas', adianto do seu disco 'Liberar as arterias'. ALTAFONTE

Así, no concerto poderanse escoitar temas como 'Espiña sen rosas' ou o propio 'Liberar as arterias', cancións que forman parte dun álbum no que "a lota e a reacción fían un relato ateigado de verdade, aprendizaxe e empoderamento" e que rende homenaxe á poeta Luz Fandiño.

Logo desta cita en Santiago, a artista emprenderá a súa próxima xira suramericana, coa que visitará os escenarios de Arxentina, Chile ou Uruguay durante o vindeiro mes de marzo. Así, SÉS comezará o seu tour na outra beira do Atlántico o mércores 9 de marzo no Café Berlín de Bos Aires (Arxentina), para logo visitar o Auditorio Nacional Sodre de Montevideo (12 de marzo), a Sala Studio Theater de Córdoba (17 de marzo) ou o Centro Cultural Plaza de España de Rosario (18 de marzo). A xira tamén incluirá novas citas en Chile (20 de marzo) e Arxentina (concretamente en Mendoza o 21 de marzo).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta