Disfunción eréctil: por que ataca máis aos galegos que a media de España?

Unha corporación sanitaria incide no papel da disfunción eréctil como alerta de patoloxías cardiovasculares.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/02/2022 | Actualizada ás 10:00

Comparte esta noticia

Os galegos, entre as CC.AA. máis vulnerables a padecer disfunción eréctil? Esa é a cuestión que lanza a empresa Boston Scientific a partir dos datos públicos de enfermidades cardiovasculares no Estado español. Tal e como apuntan dende a corporación, os problemas de  erección adoitan ser síntoma de alerta dunha posible enfermidade cardiovascular no paciente a curto-medio prazo. Segundo o Instituto Nacional de Estatística, Galicia é a segunda CCAA con maior taxa de falecementos anuais producidos polas patoloxías do sistema circulatorio,

Consultas externas de Farmacia no Hospital Naval de Ferrol
Consultas externas de Farmacia no Hospital Naval de Ferrol | Fonte: Sergas.

A ligazón apuntada por esta empresa viría á parte reforzada pola Sociedade Galega de Uroloxía, asociación dende onde temen que non se estean detectando unha boa parte dos casos de disfunción  eréctil (DE) que existen, ben por unha falta de derivación ou porque non se referenda a patoloxía  urológica coa cardiovascular. Así, e segundo a empresa, máis do 40% dos homes maiores de 40 anos (uns 300.000 galegos, segundo o INE) sofren algún grao de disfunción eréctil. Aí se amosaría o curioso vencello entre "corazón e vida sexual" sobre o que ironizan dende a Boston.

"A disfunción eréctil (DE) pode ser un indicador de que algo está a fallar na nosa saúde cardiovascular, xa que un home que experimente problemas de  erección pode estar en risco de sufrir un evento cardíaco catro ou cinco anos máis tarde, como un infarto ou unha  angina de peito. O feito de que Galicia sexa as segunda CCAA con maior taxa de falecementos anuais por patoloxías cardiovasculares segundo o Instituto Nacional de Estatística, fai sospeitar que non se estean detectando boa parte dos casos de disfunción eréctil que existen en Galicia", explican.

E é que segundo os últimos datos do Instituto Nacional de Estatística (INE), Galicia refire 352,3 mortes por cada 100.000 habitantes por mor de enfermidades circulatorias, converténdose na segunda comunidade de España con peores cifras neste sentido, por detrás de Asturias. "Tendo en conta que, en máis dun 70% dos casos, a disfunción eréctil é indicador de  arteriopatía coronaria subxacente, a aparición dunha DE debería ser sen dúbida un síntoma de alerta dunha saúde cardiovascular en risco", explican.

 

“Aínda que a actitude dos pacientes galegos que teñen problemas de  erección cambiou bastante, e cada vez son máis os que acoden a consulta para buscar unha solución, aínda quedan moitos estigmas e mitos que derrubar para afrontar esta patoloxía con naturalidade”, apunta o Dr. Chantada, da Sociedade Galega de Uroloxía.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta