Documento.- Pais de alumnos difunden cómics contra o galego nas aulas

A polémica polo decreto que obriga a un maior uso do galego no ensino alcanza un novo nivel de debate. E é que grupos de país contrarios á norma están a difundir mediante correos electrónicos unha tira na que, con argumentos como "el gallego lo habla muy poca gente ya en Galicia y en el mundo no lo entiende nadie", queren mobilizar a outros pais contra o decreto. Dáse a circunstancia que as viñetas están copiadas dunha campaña contra os homesexuais nos Estados Unidos.

Por Galicia Confidencial | Galicia | 21/06/2007 | Actualizada ás 18:49

Comparte esta noticia
As viñetas contrarias ao galego nas aulas están a ser difundidas a través de listas de correos de pais de alumnos de varias escolas públicas do país. As tiras chaman á mobilización en contra do decreto e a colaborar coa campaña "Tan Gallego como el gallego". Os promotores desta protesta aseguran ter recollido 14.000 sinaturas en contra do plan da Xunta, consensuado por BNG e PSdG.

Pouco despois da difusión do cómic contra a presencia do galego nas escolas, apareceu unha réplica, na que se satiriza aos contrarios ao decreto acusándoos de españolistas.

En todo caso, tal e como sinala Culturagalega.org, ambas as dúas versións (progalego e antigalego) son copias dunha campaña contra os homesexuais realizada nos Estados Unidos.

A continuación reproducimos a versión contraria ao decreto. O orixinal e a réplica a favor do galego no ensino pódense ver nos anteriores enlaces.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 75 comentarios

15 xeito

Eses país pailáns que consideran o galego inútil son os mesmiños aos que se lles faría o cú pepsi-cola de puxeran aos seus cativos novamente a rezar o Ave María nas escolas. Eso sí que é útil, carallo senón

14 David

Cando eu empecei na escola a señorita Lucita díxome: habla bien. Eu falaba en jallejo da Costa da Morte e a señorita Lucita quería que eu falase en castelán con acento de Valladolid... Nunca me sentín outra cousa que español e galego e nunca vin a ningún destes pais tan preocupados pola cultura dos seus fillos saír a defender os dereitos do noventa por cento dos habitantes da Costa da Morte que nunca falamos outra cousa que o galego pero que nunca renunciamos a aprender outros idiomas para poder comunicarnos con cantas mais persoas mellor.Quenes editan este tipo de propaganda fascistoide non son mais que unha minoría que segue a pensar que ser galego é o mesmo que ser un pailán sen a intelixencia suficiente. son os mesmos que argumentan, coma principal razón para a non ensinanza enn galego, o minguado número de falantes do mesmo pero que se sinten orgullosos de que os seus fillos estuden grego antiguo ou latín porque, o seu xuicio, estes idiomas mortos dan mais lustre... lástima de fillos que teñen que ser educados por semellantes pais.

13 Lugués

Segundo o meu xuízo, a idea máis relevante que se transmite é: "El gallego no es útil".

Obviamente, non hai lei que os prive de difundir a súa mensaxe, falacias e todo. A cuestión é manterse atento, porque pode ser necesaria a mobilización. Aínda que o carácter do cómic fale por si mesmo e aparente ridículo.

12 xan

Dame vergonza allea e dor de corazón ler ese comic e ver como manipulan ós nenos. Que analfabetos!!

11 Remixio

En España xa están, Robert. Non se trata deso.