Documento.- Pais de alumnos difunden cómics contra o galego nas aulas

A polémica polo decreto que obriga a un maior uso do galego no ensino alcanza un novo nivel de debate. E é que grupos de país contrarios á norma están a difundir mediante correos electrónicos unha tira na que, con argumentos como "el gallego lo habla muy poca gente ya en Galicia y en el mundo no lo entiende nadie", queren mobilizar a outros pais contra o decreto. Dáse a circunstancia que as viñetas están copiadas dunha campaña contra os homesexuais nos Estados Unidos.

Por Galicia Confidencial | Galicia | 21/06/2007 | Actualizada ás 18:49

Comparte esta noticia
As viñetas contrarias ao galego nas aulas están a ser difundidas a través de listas de correos de pais de alumnos de varias escolas públicas do país. As tiras chaman á mobilización en contra do decreto e a colaborar coa campaña "Tan Gallego como el gallego". Os promotores desta protesta aseguran ter recollido 14.000 sinaturas en contra do plan da Xunta, consensuado por BNG e PSdG.

Pouco despois da difusión do cómic contra a presencia do galego nas escolas, apareceu unha réplica, na que se satiriza aos contrarios ao decreto acusándoos de españolistas.

En todo caso, tal e como sinala Culturagalega.org, ambas as dúas versións (progalego e antigalego) son copias dunha campaña contra os homesexuais realizada nos Estados Unidos.

A continuación reproducimos a versión contraria ao decreto. O orixinal e a réplica a favor do galego no ensino pódense ver nos anteriores enlaces.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 75 comentarios

45 bule bule

Jesusito, xa sabemos que che gostaría implantar o comunismo en Galicia, pero con que o digas unha soa vez é suficiente. Non o repitas en cada tema.
En canto, o soberanismo por que non?? O goberno español non defende os intereses de Galicia en Europa, prima a outras autonomías antes que a galega, Ferrol non pode construir barcos civiles polo "Artigo 33", durante o goberno Fraga, se fixo tan evidente o pasotismo do goberno, que a Xunta tivo que facer obras que lle correspondían o estado central. ¿Queres que siga?
O precio do pescado, pescado en Galicia, se marca dende Madrid. Que a min que me explique alguén isto. Producimos máis electricidade da que consumimos dende hai máis de 40 anos, sen embargo temos a peor rede eléctrica do estado. Producir electricidade as compañías lles sae gratis. Non pagan nada por usar os recursos de Galicia. Non queda un mísero euro en Galicia....
Aparte, de regalo, vouche contar unha anécdota: Durante o goberno Aznar, o Ministerio encargado do turismo repartía polo mundo un folleto cun mapa de España que non incluía a Galicia.
Así que, unha Galicia, como estado independiente dentro da Unión Europea, por que non? O único problema para ti, sería que o marisco, o mellor, te sairía un pouco máis caro.

44 Jesús

La reacción que vais a conseguir imponiendo el gallego en los colegios públicos, es que el gallego quede solo para los más humildes u con pocos medios porque los pudientes mandaran a sus hijos a buenos colegios aquí o en el extranjero como ya vienen haciendo los lideres del Psoe y del BNG. No solo es el Audi y los buenos restaurantes, también los buenos colegios. El gallego ya lo aprenden suficiente en casa.
Eso mientras Xosé y "galicia ceive" no logren implantar el comunismo y el soberanismo, entonces ya nadie podrá salir de Galicia.

43 galiza ceive!

xosé, a min chamáronme ata grego (que xa hai que ter imaxinación). Non te preocupes, os insultos non son infinitos. As ideas é o único que perdura.

42 Xosé A. Pena

Gracias polo teu comentario, madrileño. A tí debéronte expulsar do foro de infonacional por razonar sin razón. Hoxe entereime de que tés un diccionario na casa, ou fuches a wikipedia?.
Os teus xuizos de valor amosan a superficial lectura que fas dos comentarios.
Por certo, noraboa!, puxeches ben o acento en "más".

41 Jesús

Xosé solo sabe insultar, no tiene cerebro para elaborar ni el más elemental razonamiento.