Médicos negacionistas "con privilexios" na sanidade galega?

Sanitarios critican que a Consellería de Sanidade “trate millor” a algún compañeiro que se negaron a vacinarse que á maioría de profesionais que “cumpriron con todas as pautas e recomendacións”. "Son cuestións epidemiolóxicas", din desde a Xunta.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 11/02/2022 | Actualizada ás 14:23

Comparte esta noticia

Tamén hai médicos negacionistas na sanidade galega. Sanitarios que non contan coa aprobación da maior parte dos seus compañeiros pero que, aínda así, insisten en non vacinarse. Así, mentres a Conselleria de Sanidade saca unha norma onde esixe e obriga aos familiares dos pacientes ingresados que, para poder acceder aos hospitais, deben acreditar o Certificado de vacinación (Certificado Covid), todo o persoal sanitario, non só pode acceder, senón traballar, sen ter que estar vacinados.

Sanitario con EPI antes de entrar na UCI. - Arquivo
Sanitario con EPI antes de entrar na UCI. - Arquivo

Esta semana, na EOXI de Pontevedra-Salnés, varios sanitarios criticaron o acontecido cun dos seus compañeiros. Así, deuse o paradoxo de que un médico dun servizo hospitalario que non quixo vacinarse, estivo en contacto con familiares enfermos de Covid. Obrigouselle a facer unha PCR que deu negativa e, a pesar diso, indicóuselle, seguindo os protocolos da Conselleria de Sanidade, que debería gardar unha corentena laboral con permiso retribuido e estar ausente do seu posto de traballo até finalizar a corentena e manter outra PCR negativa. 

Pola contra, outro compañeiro médico do mesmo servizo e que seguiu escrupulosamente a pauta de vacinación completa, coas tres doses, nas mesmas circunstancias de contacto con familiares contaxiados, tivo que acudir diariamente ao seu posto de traballo non sendo necesario corentena algunha. Un feito que molestou aos profesionais santiarios que entenden que “se trata mellor aos non vacinados que aos vacinados”.

"CONSELLERÍA DE PANDEIRETA"

“Sen dúbida é un bo exemplo desta Conselleria de Pandereita que temos en Galicia e de como trata ao seu persoal e o respecto que fomenta entre eles e cara aos cidadáns”, critican fontes médicas consultadas por Galicia Confidencial.

Desde a Consellería de Sanidade xustifican que é un “tema epidemiolóxico”  e que ven regulado “por un acordó de vixilancia epidemiolóxica aprobado a nivel nacional na Comisión de Salud Pública”. “Cuarentenase aos non vacinados e persoas vulnerables”, engaden.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta