Mete medo, pensar que non está todo preparado para afrontar a campaña dos incendios. Non vai a ser menor que a do ano pasado, antes traballábase só na extinción; agora traballase na extinción e na prevención física dos incendios, pero eu penso que había que traballar máis na prevención dende outro aspecto de tremenda importancia: facer comprender á xente a grande importancia que ten a conservación dos nosos bosques e da nosa vexetación en xeral, tanto dende un punto de vista medio ambiental como económico, social, cultural, paisaxístico, etc.