PP reclama a Caballero e a Silva posicionarse ante a petición de indulto para o funcionario do "caso cuñada"
O portavoz do grupo 'popular', Alfonso Marnotes, afirmou en rolda de prensa que esa solicitude produce "vergoña", e leva a que un condenado "polo caso máis grave de corrupción da historia recente de Galicia" atrase o seu ingreso en prisión, para cumprir unha condena de máis de 5 anos.