Medios de Salvamento remolcan a un cargueiro italiano tras quedar á deriva preto das Illas Cíes

Tiveron un problema no motor e quedaron á deriva a unhas 8 millas de Vigo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/02/2022 | Actualizada ás 20:18

Comparte esta noticia



O buque de Salvamento Marítimo 'María Pita' tivo que remolcar este domingo ao cargueiro de bandeira italiana 'Grande Mirafiori', á deriva nas inmediacións das Illas Cíes.

Segundo fontes de Salvamento consultadas por Europa Press, o cargueiro tería que entrar durante a tarde deste domingo ao porto de Vigo, pero ao "arrincar a máquina" tiveron un problema no motor e quedaron á deriva a unhas 8 millas de Vigo, nas proximidades das Illas Cíes.

Salvamento Marítimo, en contacto co Capitán Marítimo, comunicouse co cargador para coñecer se tiñan medios de fondeo e saber a axuda que necesitaban. Desde o Grande Mirafiori informóuselles que estaban á espera dun remolcador comercial, pero ao atrasarse en chegar á zona, Salvamento enviou de inmediato o buque 'María Pita', sobre as 18,15 horas.

Ademais, ata a zona desprazouse o barco do Servizo de Gardacostas 'Irmáns García Nodal' e tamén unha Salvamar de Salvamento Marítimo.

Cámara de Meteogalicia en Illas Cíes. METEOGALICIA
Cámara de Meteogalicia en Illas Cíes. METEOGALICIA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta