Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/03/2022 | Actualizada ás 12:55
A conselleira de Política Social, Fabiola García, eludiu postularse como sucesora de Alberto Núñez Feijóo no caso de que o presidente da Xunta dea o salto a Madrid para dirixir o PP nacional, preguntada pola prensa sobre se se ve nas 'quinielas' ante a crise de goberno que se abriría en Galicia coa marcha do mandatario galego.
Nos últimos días non foron poucos os que ven na conselleira unha alternativa para Feijóo se este decide deixar a Xunta. De feito, Fabiola García é do círculo estreito do presidente e conta co respaldo de parte do PP coruñés. "Estamos todos pendentes da Xunta Directiva (do PP) que se está celebrando", explicou García, así como de "ese congreso do 2 e 3 de abril", pero resalta que "é o propio presidente Feijóo ao que lle toca dar esas novidades se as hai".
"Soamente podo ver a Feijóo nestes momentos como presidente da Xunta e do PPdeG", limitouse a expresar sobre a situación do xefe de filas dos populares galegos. "Estou convencida que o presidente Feijóo, do mesmo xeito que leva demostrando estes 13 anos, é un gran político e un gran xestor", ao que destaca por "o seu compromiso e capacidade de traballo". "Continuará demostrando ese compromiso no lugar onde estea", asegura Fabiola García.
COMESAÑA
Pola súa banda, o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, insistiu este martes que o presidente da Xunta "segue en forma e activo" e aclarou que a crise do PP "non afecta" á súa dedicación a Galicia. "O seguimento do presidente da Xunta foi e segue sendo completo", afirmou. Igualmente, expresou o seu desexo para que "esta situación que vive o PP termine o máis pronto posible". Preguntado sobre se Feijóo está preparado para dar o salto a Madrid e poñerse á fronte do PP, indicou que "está preparado para seguir a sanidade galega como ata agora".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.