Os concellos de Monterrei e Cualedro recibirán apoio da Deputación de Ourense para mellorar os servizos públicos

Tamén a Deputación de Ourense colaborará coa asociación Olivarnoia no seu proxecto de dinamización do rural.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/03/2022 | Actualizada ás 20:52

Comparte esta noticia

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, mantivo este venres senllas reunións cos alcaldes de Monterrei, José Luís Suárez, e Cualedro, Luciano Riveiro, nas que a institución provincial comprometeuse a colaborar con estes municipios para mellorar os servizos públicos dos veciños do rural.

En concreto, en Monterrei, a Deputación implicarase nun proxecto piloto de asistencia de axuda no fogar, na renovación do abastecemento e saneamento de Medeiros, na reparación dos firmes dos núcleos de Guimarei, Vilaza, San Cristovo, Mixós e A Magdalena, ademais da mellora do saneamento de Flariz.

En Cualedro, Manuel Baltar e Luciano Rivero acordaron o compromiso para avanzar no proxecto da aldea modelo de Infesta -en cofinanciamento coa Consellería de Medio Rural-, na mellora dos accesos aos usuarios de parapente na Serra do Larouco e no punto limpo para os concellos de Trasmiras, Monterrei e Cualedro -co cofinanciamento da Consellería de Medio Ambiente-.

Por outra banda, a Deputación de Ourense colaborará coa asociación Olivarnoia no seu proxecto de dinamización do rural.

Así o abordaron este venres o presidente da Deputación en Arnoia co equipo directivo desta asociación, garantindo o apoio da institución provincial para a instalación dunha almazara e na recuperación de terras abandonadas a través da plantación de oliveiras.

Reunión telemática da Deputación de Ourense. DEPUTACIÓN DE OURENSE
Reunión telemática da Deputación de Ourense. DEPUTACIÓN DE OURENSE

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta