A unidade do independentismo

O independentismo galego acudirá, logo de varios anos de desencontros, unido aos actos do vindeiro 25 de jullo. Baixo o lema 'Autodeterminación', a plataforma Causa Galiza convoca unha manifestación unitaria que partirá da Alameda ás 13.00 horas...

Por Galicia Confidencial | Galicia | 23/07/2007 | Actualizada ás 19:51

Comparte esta noticia

"Causa Galiza convoca a cidadania para a manifestaçom do 25 de Julho à umha da tarde Compostela

Causa Galiza, entidade social ampla e de esquerda na que confluem pessoas, colectivos, organizaçons e forças políticas galegas comprometidas com a defesa do direito de autodeterminaçom do nosso país, chama a todos os sectores da esquerda soberanista a participarem na manifestaçom unitária que convoca para o dia 25 de Julho, que vai partir às 13:00 horas da Alameda compostelana, baixo o lema "Autodeterminaçom".

O objectivo desta marcha e da própria Causa Galiza é o de iniciar uma nova caminhada conjunta que sirva para dar coerência e unidade às reivindicaçons existentes no seio do nosso povo, e que nom estám representadas nos consensos da oficialidade, nem na só aparente diversidade de ofertas políticas da precária democracia em que vivimos. Como recolhe o manifesto da organizaçom, "sem dispormos de poder de decisom para contornar a condenaçom ao deterioro social e ambiental prolongado e à desapariçom final como naçom".

É por isto que "o reconhecimento do direito de autodeterminaçom é umha garantia fundamental dum futuro de liberdade e justiça social, porque sem autodeterminaçom nom pode haver democracia." Neste sentido, na busca do mais amplo dos consensos possíveis, é a necesidade de que tenham voz as ánsias desse amplo sector do povo galego que nom renuncia ao exercício dos direitos nacionais do nosso país a que leva a Causa Galiza a fazer um chamamento a toda a cidadania galega a participarem desta manifestaçom unitária nacional.

Entre todas e todos havemos defender a nossa firme aposta por estes princípios e a máxima flexibilidade na acçom, para ganharmos mais galegos e galegas à causa da libertaçom nacional e social.

Por outra parte, e para realizar con maior efectividade o seu labor, a plataforma Causa Galiza abriu a sua páxina na Internet, no endereço www.causagz.org, que vai contribuír como umha ferramenta mais na difussom do direito de autodeterminaçom. Desde este espaço na rede vai proporcionarse informaçom dos distintos actos que no futuro realizar a plataforma, assi como os diferentes materiais e textos disponibilizados pola Causa Galiza".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 29 comentarios

4 galiza ceive!

o independentismo galego está a demostrar nesta páxina que non só a sociedade galega interésase polo noso movemento.

Estamos a descubrir o que as novas tecnoloxías son capaces de facer: o "ciberinmigrante". Esta xente que, vivindo fora da nosa patria, viaxa mentalmente a cotío para vivir de desfrutar do noso benestar. E un motivo de orgullo que xentes vidas de fora tomen interese por galiza e queiran vivir a nosa forma de vida. Esa é sinal inequívoca de que imos por bo camiño. Recomendolle a tódos os que desexen vivir a galegidade, que envíen os seus fillos a estudar na sociedade que tanto admiran, por exemplo na nova galescola de zas, onde a inmersión será total. Que demo... deberíamos de abrir as galescolas os "ciberinmigrantes" para que poidan eles mesmos sentirse totalmente galegos.

Este día da patria é moi importante. Pero pra min o verdadeiramente importante é o do ano que ben. O segundo centenario do levantamento contra os borbóns, onde esa cousa chamada corona castellana tocou fondo e a sociedade decatouse de que non valían pra nada. Fai dous séculos formáronse as xuntas para organizar un estado inexistente. E dende ese momento, primeiro co rexionalismo, e despois co nacionalismo, a construcción nacional de Galiza foi medrando día a día, ata chegar o que é hoxe: un movemento con moita xuventude que garante unha nova e medrante xeración de independentistas.

Eu estarei, como non pode ser doutro xeito, o próximo mercores na alameda de santiago, dando o meu apoio a xente xoven e patriótica, que defende Galiza e máis o proxecto de plena soberanía.

3 de aquí

Jesús en cuanto a RAG creo que estás en lo cierto.

Lo de AGAL creo que es una asociación o algo así lusista, una especia de ente similar a la RAG, pero para el gallego lusista, sin ningún tipo de validez oficial o legal.

2 Jesús

Lo siento, pero tengo otra pregunta
Entrando en la Web que se nos ofrece me encuentro con los textos escritos en dos idiomas o lenguajes distintos. Incluso para bajarse el manifiesto se nos ofrecen dos enlaces como podéis ver aquí.
Manifesto Causa Galiza
Normativa AGAL [pdf]
Normativa RAG [pdf]

RAG parece fácil pensar que significa Real Academia Gallega, pero ¿Qué significa AGAL? ¿Qué significa RAG?

1 Jesús

Alguien me puede decir que significan las siguientes palabras:

Autodeterminaçom naçom justiça manifestaçom acçom endereço espaço


Si las introduzco en el Tradutor OpenTrad Apertium del Seminario de Lingüística Informática, Universidade de Vigo

Me sale:

*Autodeterminaçom *naçom *justiça *manifestaçom *acçom *endereço *espaço

* = palabras descoñecidas

Muchas gracias.