O Sergas quixo impedir que sanitarios acudiran a protestar ao acto de Feijóo no Hospital da Coruña

O presidente galego inaugurou este lun o proxecto arquitectonico do novo edificio. Os sindicatos acusan ao Sergas de “actitudes coarcitivas”.

Por Galicia Confidencial | A Coruña | 22/03/2022 | Actualizada ás 21:45

Comparte esta noticia

CCOO, CIG, CSIF, O’Mega, SAE e SATSe denuncian que a xerencia da Área Hospitalaria da Coruña tentou impedirlles o acceso ao acto público de presentación do proxecto arquitectónico do novo hospital público da Coruña que realizou este pasado luns o presidente da Xunta.

Varios sanitarios acudiron a esta presentación con cartaces nos que criticaban a xestión do Sergas e a privatización da sanidade publica, con lemas como os de “nós cumprimos, vós non”.

Xa case que non sorpende esta actitude coercitiva”, denuncian nun comunicado conxunto no que acusan á Consellería de Sanidade e á xeencia deste hospital de “amosar unha falta de respecto” polos profesionais da sanidade pública.

A represión aos traballadores é de tempos pasados, predemocráticos, tempos que quizais añoren o futuro expresidente, o seu conselleiro de sanidade e a Xerencia da área da Coruña-Cee”, afirman.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, presenta o proxecto do novo Chuac. DAVID CABEZÓN @ XUNTA DE GALICIA
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, presenta o proxecto do novo Chuac. DAVID CABEZÓN @ XUNTA DE GALICIA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta