Denuncian á Deputación de Ourense por non permitir a entrada de xornalistas aos plenos provinciais

Os socialistas consideran “incomprensible” manter este formato cando outros parlamentos xa non teñen restricións ou trala supresión de corentenas e probas acordada pola Comisión de Saúde Pública.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 25/03/2022 | Actualizada ás 13:25

Comparte esta noticia

O PSdeG-PSOE denuncia que a Deputación de Ourense pretende “secuestrar os plenos” da institución, ao manter vetado o acceso ás sesións dos medios de comunicación e de calquera persoa que non sexa deputado ou deputada.

O presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar, no pleno da Deputación. ALBERTE PAZ
O presidente da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar, no pleno da Deputación. ALBERTE PAZ

Nun comunicado, o PSdeG considera “incomprensible” que Manuel Baltar e os responsables de saúde laboral da institución, manteñan este “peche democrático” do máximo órgano de representación provincial, a pesar da eliminación das restricións de aforo noutras institucións como o Parlamento de Galicia ou o Congreso. “Todos os restantes actos da institución estanse a realizar abertamente e sen limitacións de aforo”, sinalan.

De feito, salientan que a dúas últimas sesións carecen, na súa convocatoria, de informe técnico algún que xustifique esta decisión unilateral. “Non entendemos cal é a razón para manter este formato no que se expulsa do pleno á sociedade”, insisten antes de recordar a circunstancia prevista na Lei 7/1985 Reguladora das Bases do Réxime Local, na que se determina que estas sesións, con carácter xeral, deben ser públicas e abertas á veciñanza.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta