Os procuradores galegos rexeitan a nova lei que reduce os seus honorarios

Piden que se implante inmediatamente a figura do procurador executivo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/04/2022 | Actualizada ás 13:47

Comparte esta noticia

O Consello Galego de Procuradores (CGP) expresa o seu "rexeitamento" e "total desconformidade" co proxecto de real decreto proposto polo Ministerio de Xustiza que, segundo denuncia, "introduce inasumibles rebaixas nos aranceis nos que se basean os honorarios profesionais dos máis de 750 profesionais desta rama que traballan en Galicia".

Xulgado de Instrución Nº3 de Ourense
Xulgado de Instrución Nº3 de Ourense

No comunicado, lembran que os aranceis e honorarios dos procuradores están establecidos nun real decreto de 2003 e que permaneceron conxelados "19 anos", cando a inflación subiu un 44,5% (de febreiro 2003 a febreiro de 2022).

"Os procuradores temos encomendadas funcións de colaboración coa Administración de Xustiza que han de ser remuneradas cunha retribución xusta e respectuosa cos incrementos do custo da vida e a constante introdución de novas tecnoloxías que nos vemos obligados a implantar", sostén o Consello Galego de Procuradores.

Por último, indican que "a mellor medida para axilizar e abaratar a Xustiza española é a de implantar inmediatamente a figura do procurador executivo, figura recomendada polo Consello de Europa desde 2009" que "permitiría unha mellor taxa de resolución dos xuízos e podería reducir o atasco xudicial español á metade, como xa sucedeu en Portugal ou Francia con decisións similares". Así, sosteñen que o atasco xudicial en Galicia alcanzou en 2021 a cifra máis elevada en 8 anos, con 156.027 casos pendentes de execución. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta